Curso práctico de cría e selección de abellas mestras galegas

Neste curso abordaranse ao longo da xornada os aspectos clave dende unha perspectiva práctica da cría e selección de abellas mestras galegas da man de Jara Varela, de Abella Meiga. O curso realizarase en Outeiro de rei (Lugo)
Inscríbete
Prezo NON soci@s AGA
Consultar
Prezo soci@s AGA
0€
Detalles
15/06/2024 de 10:30 ás 13:00 horas e de 14:00 ás 20:00 horas en Outeiro de rei (Lugo)
Público xeral
450 minutos
Requisitos previos
Traer traxe de apicultura e guantes (podedes facervos con un nas nosas instalacións en Arzúa, Rúa Basilio Carril s/n)
Contar con medios para desprazarse até o apiario





