Iniciación á reprodución no apiario 2025

Neste curso poderedes aclarar tódalas dúbidas que teñades cos veterinarios da asociación e aprender os
coñecementos básicos para iniciarse nas diversas ferramentas de multiplicación das colonias
apícolas.
Trataranse conceptos básicos coma o de división en V ou abanico, qué debe levar un núcleo, como reforzalo
para maximizalas posibilidades de éxito, cando facelos e que tempos debemos manexar para poder
comprobar se saíron adiante ou non ou como saber cal é o mellor intre para pasalos a unha colmea.
Lembrade que se vos interesa este curso de iniciación á reprodución no apiario terá unha parte práctica,
que se realizará o 07/06/2025, á que tamén podedes inscribirvos para poder aclarar estes conceptos in
situ e mellorar as vosas habilidades prácticas. A reposición de baixas estase a volver cada vez máis
importante para garantir a pervivencia a futuro das nosas colonias, polo que é máis que recomendable para
@s que comecedes agora neste mundo e para aquelas/es que queirades comezar a facer divisións.
Prezo soci@s AGA
0€
Detalles
15/03/2025
de 10:00 a 11:30 horas
Público xeral
90 minutos
100% Online
Requisitos previos
Webcam
Aplicación Zoom





