Patoloxía apícola 2025

Neste curso afondarase nas patoloxías que afectan aos nosos apiarios, abordaranse as distintas patoloxías
ás que nos enfrontamos como apicultores/as (varroa, intoxicacións, loques, nosema… ) e as solucións máis
aconsellables para cada caso.
Trátase dun curso impartido polos veterinarios de AGA para detectar co tempo preciso as anomalías que
poidan supor un peligro e poder pórlles unha solución antes de que se estendan e sexa demasiado tarde
para intervir.
Prezo soci@s AGA
0€
Detalles
28/02/2025
de 20:00 a 21:30 horas
Público xeral
90 minutos
100% Online
Requisitos previos
Webcam
Aplicación Zoom





